Unha trintena de centros galegos ofertarán o próximo curso 66 FP en formato plurilingüe, nove máis que o anterior

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2022 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Un total de 33 centros educativos galegos ofertarán o próximo curso 66 ciclos de Formación Profesional (FP) plurilingües, a maioría deles en inglés. Son nove ciclos máis que as 57 que había no curso 2021/22.

Así figura nunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), que detalla como se reparten os 33 centros --seis máis que o ano pasado-- por provincias: 13 na Coruña, 11 en Pontevedra, catro en Lugo e cinco en Ourense.

Os de nova incorporación a esta modalidade son o CIFP Politécnico de Santiago, o CIFP Compostela, o CIFP Fraga do Eume de Pontedeume, o CIFP Imaxe e Son da Coruña, o CIFP Paseo das Pontes da Coruña, o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz e o CIFP Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa.

Segundo destaca a Xunta, os ciclos plurilingües teñen como finalidade mellorar as competencias idiomáticas do alumnado de FP, co obxectivo de impulsar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos.

Alumnos e estudantes dun instituto /XUNTA - Arquivo / Europa Press
Alumnos e estudantes dun instituto /XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta