Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/08/2022 | Actualizada ás 20:23
Un novo incidente protagonizado por candorcas en Galicia provocou que un veleiro tivese que ser remolcado ao norte da Coruña tras sufrir a rotura do temón.
Segundo informa Salvamento Marítimo, sobre as 13,00 horas, o veleiro 'Triola' pediu auxilio despois de recibir varios golpes por partes dunhas candorcas.
Dous adultos e tres menores conformaban a tripulación da embarcación, que foi remolcada pola Salvamar Betelgeuse.
Nas últimas semanas, tiveron lugar diversos incidentes con candorcas en augas da costa galega, varios deles nos últimos días na Costa da Morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.