Por Europa Press / Redacción | Ourense | 13/08/2022 | Actualizada ás 11:59
Un home perdeu a vida este sábado despois de caer co vehículo no que circulaba ao río Limia, ao seu paso polo concello ourensán de Rairiz de Veiga. En concreto, o sinistro produciuse no lugar da Saínza.
Segundo confirmou o 112, sobre as 09,45 horas recibiron o aviso deste accidente a través da Garda Civil, que alertaba da caída ao río dun turismo.
Con esta información, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, mobilizaron ata o punto aos bombeiros de Xinzo de Limia e a Protección Civil da localidade, así como aos servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvar a vida do ocupante do coche.
Para sacar a vítima do interior do vehículo foi necesaria a intervención dos bombeiros, que realizaron labores de excarceración. Ademais, os servizos de emerxencia comprobaron os arredores do sinistro para certificar que non había máis persoas implicadas no accidente.
Por outra banda, a Garda Civil informou de que o falecido "non facía uso do cinto de seguridade" e tiña "antecedentes de alcoholemias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.