Unha vaga de pequenos tremores percorre Galicia

O movemento máis notable produciuse en Vilariño de Conso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2022 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou varios pequenos terremotos nesta xornada de luns, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional. En Vilariño de Conso estivo o epicentro do de maior magnitude, de 2,5 na escala de Richter, que se produciu preto das 11,15 horas e a unha profundidade de 3 quilómetros. Por baixo de magnitude 2 non son perceptibles os tremores, mentres que entre os graos 2 e 3 xeralmente tampouco.

Pola súa banda, pouco antes das 10,54 horas produciuse outro tremor en Carballo, neste caso de magnitude 1,8 e a 6 quilómetros de profundidade.

Previamente, ás 3,40 horas da madrugada deste luns, tivo lugar outro tremor en Forcarei, con 2,1 graos. Xa o domingo producíronse varios tremores na comunidade galega: Trazo (2,2), Frades (2,1 graos), Taboada (1,6 graos), Lousame (1,5 graos) e Covelo (1,5 graos).

Terremoto en Vilariño de Conso, o 15 de agosto de 2022. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL
Terremoto en Vilariño de Conso, o 15 de agosto de 2022. INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta