Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 12:55
A praia de Baldaio, na Coruña, foi escollida entre un dos areais máis accesibles do Estado, segundo deu a coñecer eltiempo.es, que elaborou un decálogo coas 10 praias da costa española con mellor acceso para as persoas con mobilidade reducida, co fin de que poidan gozar destes espazos de lecer.
En concreto, a lista componse polas praias de Baldaio --situada dentro da contorna natural de Marismas de Baldaio, en Carballo, con fácil acceso a pé e coche, posúe ramplas e escaleiras--. Alén do caso carballés, as praias escollidas sitúanse en Alacante, Cádiz, Castellón ou Ibiza, entre outros. Malia haber tamén casos de praias que dan ao Cantábrico, a de Baldaio é a única escollida entre as tres provincias galegas con mar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.