Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 10:55
Así foi como o ditador Francisco Franco inaugurou as instalacións do Hospital da Coruña, daquela chamado Juan Canalejo, hai 50 anos. As imaxes correspóndense co NO-DO, o noticieiro do réxime franquista.
O CHUAC FAI 50 ANOS
O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) está de aniversario. Alá polo 1972 nacía na cidade herculina o chamado daquela Juan Canalejo, que supuxo a posta en marcha da primeira residencia sanitaria de Galicia e que explorou e aplicou novos métodos que hoxe seguen sendo claves.
Nestes 50 anos de vida, o CHUAC foi protagonista de importantes fitos para a súa historia, como o primeiro transplante de riñón a nivel galego no 1981, a creación dun Banco de Pel no Materno no 1988, o primeiro transplante cardíaco no 1991 ou o de medula ósea no 1992. No 2015 o hospital alcanzou xa as 5.000 vidas rescatadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.