Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 14:24
Os proxectos de liñas evacuación que prevé a empresa Villar Mir Enerxía para os futuros parques eólicos A Picota e A Picota II, ambos actualmente en tramitación no municipio coruñés de Mazaricos, saíron a información pública.
Así figura en dúas resolucións publicadas polo Diario Oficial de Galicia (DOG) este luns. Por unha banda, atópase o trámite de información pública para a construción e estudo de impacto ambiental do proxecto de liña aéreo-subterránea que afecta os municipios de Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela, un proxecto de interese autonómico (PIA). Conta cun orzamento de 9 millóns e un prazo de execución de 15 meses.
O punto de conexión final coa rede de transporte localízase en Santiago de Compostela, para o que tamén sae a información pública paralelamente un proxecto con este fin, que conta con 3 millóns de euros de investimento e seis meses de execución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.