Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 13:12
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé 4.890.000 desprazamentos de longo percorrido na operación 'Retorno do verán' que arrinca este venres, 26 de agosto, e que permanecerá activa ata as 24 horas do domingo 28. Deles, 684.000 serán, previsiblemente, en Galicia.
Nestes días coincidirán na estrada os desprazamentos habituais dun fin de semana de verán, cos dos cidadáns que regresan ás súas localidades de residencia tras as vacacións. A DGT prevé que estes movementos se producirán especialmente o domingo 28, aínda que continuarán realizándose de maneira graduada ata o final deste mes de agosto.
Segundo as previsións de tráfico, entre as 16 e as 22 horas deste venres, e o sábado pola mañá, principalmente entre as 9 e as 13 horas, produciranse importantes movementos de longo percorrido que provocarán intensidades elevadas de circulación que poden provocar retencións de saída das grandes cidades, así como nas principais vías de comunicación de acceso a zonas turísticas e de descanso, tanto de costa como de montaña. A última hora da tarde-noite do venres os problemas poden localizarse nas zonas de destino.
No caso de Galicia, as estradas máis afectadas serán a AP-9, a A-6, a A-8, a A-52, a A-55 e a N-500, segundo informou a DGT, que recomendou planificar as viaxes con antelación e, se é posible, evitar as horas máis desfavorables.
DISPOSITIVO ESPECIAL
Con todo este fluxo de vehículos na estrada, a DGT estableceu unha serie de medias de regulación, ordenación e vixilancia do tráfico como a instalación de carrís adicionais e reversibles con conos nos momentos de maior afluencia circulatoria e nas principais estradas de acceso ás grandes cidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.