Amancio Prada homenaxeará a Rosalía de Castro en igrexas e mosteiros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2022 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Xunta impulsa este verán catro concertos protagonizados polo cantante e compositor Amancio Prada en espazos monumentais de Galicia, que estarán dedicados á figura de Rosalía de Castro. O ciclo chegará aos concellos de Santiago de Compostela, Meis, Agolada e Noia.

Así, a primeira das citas terá lugar este sábado, día 27, na igrexa de San Martiño Pinario, onde o artista ofrecerá un recital dedicado por completo a vida e obra de Rosalía de Castro con poemas musicados como 'Adeus ríos, adeus fontes', 'Como chove miudiño' ou 'Airiños, aires'. Un día despois desta actuación, Amancio Prada volverá subirse ao escenario no mosteiro de Armenteira, en Meis.

O ciclo continuará a seguinte semana, cando o recital chegará a igrexa de Ventosa, en Agolada, e á de San Martiño de Noia. Todas estas citas terán lugar ás 21,00 horas e a entrada será libre ata completar o aforamento.

Desde 1974, Amancio Prada musicou, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro, cuxa obra coñeceu por primeira vez con 19 anos e vivindo en Castela e León.

Amancio Prada
Amancio Prada | Fonte: cervantes.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta