Por Europa Press / Redacción | MADRID | 27/08/2022 | Actualizada ás 12:00
Así evolucionou o virus da Covid-19 no conxunto do Estado nos últimos dous anos. O 19 de abril de 2020, en plena primeira onda, o Ministerio de Sanidade cambiou de criterio para contabilizar aos contaxiados por coronavirus, recollendo só os que foran confirmados cunha proba PCR e non os positivos por test de anticorpos, debido a que as probas de anticorpos "a xuízo de expertos, non poden ser contabilizados como novos casos" ao "identificar casos que se produciron anteriormente".
O reaxuste do 25 de maio de 2020 tamén se traduciu na contabilidade de casos acumulados, con 372 casos menos aquel día. Posteriormente, coa aparición do test de antíxenos, este tipo de probas comezaron a incorporarse nos balances diarios.
Actualmente inclúense os casos notificados confirmados cunha proba diagnóstica positiva de infección activa (PDIA). Ademais, inclúense os casos notificados antes do 11 de maio de 2020 que requiriron hospitalización, ingreso en UCI ou faleceron con diagnóstico clínico de COVID-19, de acordo ás definicións de caso vixentes en cada momento.
Actualmente, a situación no Estado é a seguinte:
Mentres, a evolución da Covid foi esta:
E así é a notificación diaria de casos Covid:
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.