Outro gran lume afecta a Viana do Bolo mentres segue ardendo o parque natural do Xurés

Está controlado o de Porto do Son.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2022 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

O incendio que se inciaba este sábado, ao redor das 23,00 horas, no municipio ourensán de Viana do Bolo, xa foi estabilizado, segundo informou a Consellería de Medio Rural nas súas redes sociais.

Orixinado na parroquia de Grixoa, afecta a unhas 102 hectáreas segundo as últimas estimacións. O último parte notificado polo departamento autonómico sinalaba que na zona traballaban un técnico, cinco axentes, 13 brigadas, 11 motobombas e dúas pas.

Doutra banda, o foco declarado na tarde do venres no municipio coruñés de Porto do Son xa se deu por controlado. Tamén está controlado, pero non extinguido o lume do parque natural do Xurés, iniciado o pasado mércores.

Un hidroavión traballa nos labores de extinción nun incendio na Serra do Leboreiro, nos montes do pobo de Senderiz, no parque natural de Baixa Limia e Serra do Xurés, / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press
Un hidroavión traballa nos labores de extinción nun incendio na Serra do Leboreiro, nos montes do pobo de Senderiz, no parque natural de Baixa Limia e Serra do Xurés, / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press

Na localidade coruñesa as chamas consumiron 82 hectáreas, segundo as últimas estimacións. O incendio orixinouse ás 22,30 horas do venres na parroquia de Ribasieira.

Ata o momento participaron nas tarefas de extinción un técnico, 19 axentes, 35 brigadas, 24 motobombas, catro pas, cinco avións e cinco helicópteros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 paletismoilustrado

entre o mes de xullo e agosto estiven en tres concellos con incendios. En todos, eses mesmos días, ou cos incendios ainda algo vivos, escoitei bombas no ceo azul. Este domingo soaban tamén... e cando espertei os incendios todavía estaban ahí.... 45 no 2024.