O BNG denuncia un "uso abusivo" das comisións de servizo no Concello da Coruña

Faino tras unha nova sentenza do TSXG que estima os argumentos da CIG.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/08/2022 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O BNG denunciou un "uso abusivo" das comisións de servizo no Concello da Coruña, despois de que, segundo informa, a Xunta de Goberno local tomase coñecemento dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ante un recurso promovido pola CIG.

"O fallo, contrario ao Concello, estima os argumentos da CIG e confirma que, tal e como denunciou o grupo municipal do BNG por medio de distintas iniciativas, o goberno local utiliza a comisión de servizos como unha especie de provisión de postos de libre designación".

De acordo coa sentenza, indica que se incorreu "nun abuso ao non existir razóns obxectivas para non incluír a convocatoria dun posto de técnico de Protección de Patrimonio Histórico de Vía Pública e Patrimonio nun concurso común" e facelo mediante unha comisión de servizos.

O recurso de apelación presentouno a CIG contra sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña, neste caso favorable ao Concello, que desestimara un recurso de reposición formulado pola central nacionalista.

"É obvio que o goberno local está a facer un uso abusivo da figura das comisións de servizo", afirma o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, que reclama que se recorra a esta figura de "forma excepcional".

Os portavoces dos grupos municipais socialistas do PSOE e o BNG, José Manuel Lage e Francisco Jorquera, informan da comisión de seguimento do acordo de investidura. BNG
Os portavoces dos grupos municipais socialistas do PSOE e o BNG, José Manuel Lage e Francisco Jorquera, informan da comisión de seguimento do acordo de investidura. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta