Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/09/2022 | Actualizada ás 13:55
O Museo Histórico e Arqueolóxico de San Antón incorporou once novas pezas na súa colección arqueolóxica, tras o achado nas proximidades dos petróglifos localizados en Nostián. Trátanse de once fragmentos de cerámica, datados da Primeira Idade de Hierro e final da Idade de Bronce, que foron localizados xunto aos petróglifos, nos que se poden apreciar estruturas en forma de cazoleta e motivos circulares de orixe antrópico ou xeolóxico.
O Concello da Coruña, tras recibir información veciñal sobre a posible presenza duns petróglifos na traza do poliducto, actuou mediante a inspección da zona por parte de técnicos municipais.
Durante a análise do lugar constataron a existencia dunhas pegadas na roca que se podían corresponder con manifestacións de arte rupestre, o que motivou que o Concello lle propuxese á Xunta de Galicia un estudo arqueolóxico e xeolóxico como medida de protección provisional para evitar que bens do Patrimonio Arqueolóxico puidésense ver afectados as obras.
A Xunta estimou a proposta municipal e estableceu a necesidade de realizar estudos arqueolóxicos e xeolóxicos previos e, froito dos traballos, apareceu unha colección de restos cerámicos que, a partir das pastas e as súas características formais, poden ser datados nun período anterior ao século IV a.c.
Segundo os técnicos municipais, o mais relevante deste achado é a súa aparición na contorna de petróglifos, xa que normalmente estas manifestacións de arte rupestre non aparecen vinculadas con obxectos que permitan asociar o seu uso a un período concreto, polo que supón un achado de gran interese. As pezas depositáronse xa no Museo Histórico e Arqueolóxico de San Antón, pasando a formar parte da colección museística.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.