Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2022 | Actualizada ás 17:02
A Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (Acis) formará parte do proxecto europeo 'Invest4Health', destinado a incentivar novos modelos de financiamento para a promoción da saúde e a prevención de enfermidades.
Nun comunicado explican que, tras a pandemia, os sistemas sanitarios europeos "deben abordar a acumulación de atrasos na asistencia sanitaria derivados da Covid-19, os novos retos para a saúde e a escaseza de recursos, buscando formas de maximizar os activos da Administración pública".
A acción está coordinada pola rexión sueca de Skne e nela participan un total de 18 entidades de oito países. O proxecto ten unha duración de tres anos e medio e está previsto que comece en xaneiro de 2023.
Detallan que Galicia colaborará na definición conxunta das necesidades; validar enfoques e propostas; comunicar, difundir e participar nas actividades que leven a cabo; e achegar a súa experiencia como comprador público de solucións innovadoras.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.