A folga de Ryanair causa 38 atrasos, dous deles en chegadas a Santiago de Compostela

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2022 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A folga de tripulantes de cabina (TCP) de Ryanair provocou á primeira hora deste martes un total de 38 atrasos, dous deles en chegadas ao aeroporto de Santiago Compostela, pero ningunha cancelación, segundo informaron os sindicatos.

O principal aeroporto afectado este martes foi o de Barcelona cun total de 11 atrasos (4 saídas e 7 chegadas), seguido de Alacante con 7 atrasos) (1 en saídas e 6 en chegadas), Palma de Mallorca con 5 atrasos (4 en saídas e 1 en chegadas), Málaga con 4 atrasos (2 en saídas e 2 en chegadas) e Valencia con 2 atrasos (un en saída e un en chegadas).

En Madrid rexistráronse 4 atrasos en chegadas, en Sevilla 2 en chegadas, do mesmo xeito que en Santiago de Compostela. En Xirona rexistrouse un atraso en chegadas e en Eivissa non se rexistrou ningún atraso.

A convocatoria de folga en Ryanair esténdese desde o pasado 8 de agosto ata o 9 de xaneiro de 2023, de luns a xoves todas as semanas nos aeroportos de Barcelona, Madrid, Palma de Mallorca, Xirona, Valencia, Eivissa, Málaga, Santiago de Compostela, Sevilla e Alacante.

Unha pantalla nun portelo de Ryanair no Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat U Lorena Sopêna - Europa Press
Unha pantalla nun portelo de Ryanair no Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat U Lorena Sopêna - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta