"Nena con globo", de Banksy, aparece en Verín

Despois de “Home nú pendurado da fiestra”, agora é outra das pintadas máis famosas deste artista a que apareceu na vila do Támega, concretamente na rúa da Cruz.

Por Galicia Confidencial | Verín | 07/09/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Banksy é a día de hoxe, posiblemente, o artista gráfico máis famoso do mundo. En parte pola súa implicación na arte urbana, en parte polas súas actuación iconoclastas en subastas de arte, o seu exemplo como artista responsable e con alto contido social ten dignificado o graffiti, elevándoo á categoría de arte. A súa crítica aos valores do capitalismo salvaxe, a súa alta sensibilidade social e o seu aparente desprendemento do valor do diñeiro fixeron o resto.

Nena con globo, de Banksy, en Verín. Foto: Prensa concello de Verín.
Nena con globo, de Banksy, en Verín. Foto: Prensa concello de Verín.

Aproveitando a popularidade deste artista gráfico anónimo, o Concello de Verín suma unha nova réplica da súa obra ao proxecto coñecido como “Verín, territorio Banksy” no que obras icónicas do prolífico autor son empregadas para decorar edificios degradados. Neste caso, a pintada escollida foi  "Nena con globo". Con finalidade pedagóxica e divulgativa, a selección de pintadas que se fai busca conformar un percorrido turístico dentro do casco urbano de Verín. A execución dos facsímiles das obras do autor internacional corren a cargo do artista local Alex Araújo.

Confiando en que este circuíto turístico dentro do casco urbano xere un atractivo máis para visitar Verín sinalan desde o concello que “sería un final espectacular que o propio Banksy rematase por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GalegON

A ver se vos vén jejejeje