Unha investigación da USC releva unha posible relación xenética entre a Covid e o cancro

"No caso de que estudos máis grandes en mostra e extensos en seguimento o confirmen, o impacto en saúde pública mundial sería enorme", sinalaron os encargados do estudo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

Un estudo realizado por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) detectou evidencias moleculares da posible relación xenética entre a infección da Covid-19 e o cancro.

"Isto non demostra unha relación causal entre o SARS-CoV-2 e o cancro, pero no caso de que estudos máis grandes en mostra e extensos en seguimento o confirmen, o impacto en saúde pública mundial sería enorme", sinalaron os encargados da investigación, dirixida polos profesores Antonio Salas e Federico Martinón xunto con Alberto Gómez Carballa do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS).

Segundo informou a USC, o proceso consistiría, segundo evidencias do estudo, en que os antíxenos do SARS-CoV-2 "secuestran" a proteína oncosupresora p53 levando á súa dexeneración por dano oxidativo.

Desta forma, segundo os investigadores, o SARS-CoV-2 aproveitaría as vías controladas por p53 durante a fase de infección, eludindo as respostas inmunitarias. Así, isto podería implicar que a inhibición a longo prazo desta proteína por parte do SARS-CoV-2 podería ser un factor de risco de carcinoxénese.

Os investigadores indicaron que durante o estudo obtiveron evidencia de que pacientes na fase aguda do Covid-19 e os de infección con Covid-19 persistentes mostraban unha baixa presenza de p53.

Axenda E Notas De Prensa Dá Usc. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Axenda E Notas De Prensa Dá Usc. UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Amin Nonmenganas

Vaia, qué sorpresa, o "patrocinado" Martinón, seguro que xa lle mandan de Ficer o guión do estudo, con resultados incluídos. Mercenario impostor.