Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/12/2024 | Actualizada ás 10:00
A neve non caerá este Nadal, xa que o tempo estable será o protagonista tanto en Galicia como en España, aínda que nas xornadas previstas haberá xa un metro de neve no Pirineo e tamén varios centrímetros nos montes máis altos de Galicia. Con todo, haberá que fixarse noutros fenómenos meteorolóxicos adversos asociados ao anticiclón que persistirá eses días.
En numerosas zonas do interior peninsular espéranse néboas e xeadas en ambas as mesetas, supondo un risco a considerar á hora de conducir. Tamén empeorará a calidade do aire nas grandes cidades segundo as previsións de Meteored.
UNHA DINA NAS CANARIAS
Por outra banda, durante este fin de semana unha DINA descolgarase no suroeste peninsular e aproximarase a Canarias, onde podería deixar precipitacións localmente fortes, chuvascos fortes e de carácter tormentoso. Ademais, en zonas altas de Tenerife e mesmo na Palma podería caer algo de neve.
O sábado tamén voltan as chuvias a Galicia e tamén a neve en cotas moi altas. Nos Pireneos caerá a partir dos 1600 metros á primeira hora. O domingo afianzarase a situación anticiclónica na Península, agás en boa parte de Galicia, zonas cantábricas e os Pireneos, onde unha fronte deixará abundante nebulosidade e novas precipitacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.