Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2022 | Actualizada ás 12:20
A Xunta vedou a pesca no encoro de Vilagudín, no municipio de Ordes, debido á morte de numerosas gaivotas enfermas no lugar.
Así, tómase esta decisión ata que "se determinen as causas do episodio e o seu impacto" sobre a fauna e o estado do medio acuático. En caso de ser necesario, a veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca continental da tempada de 2023.
Así figura na resolución publicada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, no Diario Oficial de Galicia (DOG) este xoves.
O pasado 29 de agosto, recibiuse un aviso por mortaldade de aves na contorna do encoro. Ata o lugar, desprazouse persoal da Consellería de Medio Ambiente que recolleu 27 exemplares mortos e un vivo de gaivota patiamarilla, que foron trasladados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros para a toma de mostras.
Novas inspeccións realizadas diariamente desde entón atoparon máis casos de gaivotas mortas ou con síntomas de enfermidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.