Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/09/2022 | Actualizada ás 19:20
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio forestal na parroquia da Pereira, no municipio ourensán de Entrimo, tras queimar 0,2 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Segundo trasladou a Xunta, o lume iniciouse sobre as 16,50 horas deste luns e pasadas as 18,30 foi dado por apagado. Afectou a apenas 0,2 hectáreas de monte raso.
A Consellería lembrou que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delictuosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.