Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2022 | Actualizada ás 16:52
A Xunta asinou un convenio de colaboración coa Federación Down Galicia polo que achega 100.000 euros para a investigación do envellecemento de persoas con esta síndrome e contribuír así a mellorar a súa calidade de vida.
Segundo informa a Consellería de Política Social e Xuventude, o proxecto terá varias fases que consistirán en elaborar protocolos de valoración e diagnóstico do envellecemento acelerado destas persoas. Por unha banda, farase unha recollida de datos e, por outro, procederase á identificación dos recursos existentes para, finalmente, propor medidas que incidan nunha mellor atención. Neste contexto, a Xunta reivindica a súa "estreita colaboración" con Down Galicia para ofrecer un tratamento adecuado a estas persoas e ás súas familias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.