Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2022 | Actualizada ás 16:26
O sindicato UGT Xustiza denunciou que a Xunta de Galicia enviou ao Rexistro Civil de Noia (A Coruña) unha impresora "que non cabe pola porta". Con isto pretenden pór de manifesto o pouco espazo do que dispoñen os traballadores, aínda que a Administración autonómica defendeu que se trata de algo puntual, dado que se instalará nun despacho determinado que require desmontar a porta.
Segundo explica o sindicato "a porta de acceso á dependencia do Rexistro Civil é tan estreita que a impresora que enviou a Xunta non cabe e van ter que tentar metela pola xanela". O Goberno galego recoñéceo, pero xustifícano pola instalación da impresora "nun despacho determinado".
Con isto pretenden denunciar "a limitación de espazo das dependencias do edificio, no que os funcionarios e funcionarias atópanse hacinados en oficinas que non respectan as medidas de seguridade". "Literalmente están como nunha lata de sardiñas", aseguran.
O sindicato, continúan, reuniuse hai meses co Alcalde de Noia, "que se comprometeu a buscar solucións" e co entón conselleiro de Presidencia e de Xustiza, hoxe presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "que tampouco deu resposta algunha".
Ante esta situación, UGT-XUSTIZA presentou unha queixa na Valedora do Pobo a fin de que requirise á Xunta unha "solución inmediata" ao problema de espazo que, ademais, "causa enormes danos ás vítimas de violencia de xénero ás que non se lles garante a separación necesaria respecto do agresor".
ESPAZOS SEPARADOS PARA VIOLENCIA DE XÉNERO
O Goberno galego, consultado por Europa Press, asegurou que o edificio dispón de espazos onde atender ás vítimas de violencia de xénero por separado, "ademais de existir á posibilidade de citalas en horarios non coincidientes co agresor".
Lembran ademais que están a levar a cabo investimentos para mellorar os edificios xudiciais "para garantir unhas instalacións confortables e eficientes, tanto para o persoal como para os usuarios".
Concretamente no caso de Noia "vanse a investir máis de 200.000 euros en obras de rehabilitación e mellora enerxética". Tamén se liberará espazo dos arquivos a través do Plan de expurgo para a dixitalización dos arquivos xudiciais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.