O PSOE tacha de "feira do caciquismo" de Baltar a distribución de fondos dos orzamentos de 2023

Denuncia unha "concesión masiva e indiscriminada" de subvencións, fondos e proxectos "a dedo".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/09/2022 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Ourense volveu denunciar unha nova "concesión masiva e indiscriminada" de subvencións, fondos e proxectos "a dedo" nos orzamentos da Deputación Provincial para o 2023.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino
O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino | Fonte: PSdeG-PSOE.

Os socialistas ourensáns xa realizaran esta mesma denuncia o pasado ano, cando presentaron alegacións e instaron o Goberno central e á Fegamp a realizar unha normativa para "determinar criterios obxectivos e equitativos, de distribución, dos fondos públicos das deputacións entre municipios".

Agora, o PSOE apunta a un "novo uso dos fondos públicos de uso partidista" cunha distribución de partidas no que "o único obxectivo actual" da Deputación "é atender os intereses personalistas do Partido Popular e do seu líder" no que cualifican de "feira do caciquismo" baseada na "vulneración da lei e da Constitución".

Así, sinala que "Ourense é unha provincia máis empobrecida, máis desigual e na que se está enganando á cidadanía" con subvencións nominativas "a dedo" e "ignorando sistematicamente os diversos proxectos dos concellos que non son do PP".

"Sempre que preguntamos ao equipo de goberno da Deputación por esta cuestión non saben nada, o que nos dá a entender que non teñen coñecemento do que fai o seu propio presidente", recriminaron os socialistas, que insisten en defender "un plan único, permanente, que permita distribuír os fondos públicos equitativamente".

Neste sentido, o portavoz provincial da formación, Rafael Rodríguez Villarino, apelou á "transparencia real, á xestión económica fronte á ciencia ficción que Baltar compra con diñeiro".

Nestes termos fixo un chamamento á poboación para que "sexa consciente de que porque isto se repita ano tras ano non é normal". "Repártese máis diñeiro a través de subvencións nominativas que o que se destinan á cooperación cos concellos. Resulta escandaloso", reprochou Villarino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta