Máis do 15% das prazas reservadas co bono de balde de Renfe quedan sen ocupar

Renfe reforzará o persoal para controlar o uso dos abonos para viaxeiros recorrentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2022 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Renfe prevé reforzar o persoal de inspección a bordo dos trens coa incorporación de oito interventores ás residencias da Coruña e Vigo de Media Distancia, "para aumentar o control sobre a utilización indebida dos abonos" para viaxeiros recorrentes, segundo CXT.

Pola súa banda, fontes da operadora ferroviaria consultadas por Europa Press remiten ás medidas adoptadas ata o momento para tratar de evitar o uso indebido dos abonos: catro formalizacións ao día e necesidade de facer a viaxe de regreso para reservar outro billete de ida.

Con todo, CXT apunta a unha "comunicación" remitida por Renfe Viaxeiros ao comité xeral de empresa do grupo "na cal indica que vai ceder temporalmente ata o 31 de decembro persoal de intervención dos núcleos de proximidade (servizo Proximidades) ás residencias de Media Distancia de toda a rede ferroviaria, ata un máximo de 73 traballadores, dos cales oito serán destinados a Galicia".

Nos últimos días, Renfe cifrou en ata un 15% o volume de prazas formalizadas sen ocupar, en trens que figuran como completos na venda de billetes, o que impide a outros viaxeiros utilizalos.

A maiores, CXT apunta que "tamén se detectou que algúns viaxeiros compran o abono recorrente entre dúas estacións e só utilizan unha parte do traxecto formalizado". Pon como exemplo un viaxeiro que o adquire entre A Coruña e Vigo e formaliza praza neste traxecto pero "logo baixa en Compostela", de modo que o resto da viaxe a praza continúa como ocupada.

CXT considera "necesario" este reforzo pero pide outras medidas como a "mellora" do funcionamento dos sistemas informáticos de venda en liña, "especialmente da aplicación"; aumento do material rodante e reposición de servizos "que aínda se atopan suprimidos tras a pandemia".

Unha traballadora da limpeza traballa nas plataformas na estación de trens, en Santiago de Compostela
Unha traballadora da limpeza traballa nas plataformas na estación de trens, en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta