A área sanitaria Pontevedra-O Salnés estende o programa de detección precoz de cancro de cérvix a todos os centros

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 26/09/2022 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Pontevedra O Salnés estendeu o programa de detección precoz de cancro de cérvix aos seus 44 centros de saúde, unha iniciativa que contempla a súa implantación progresiva a finais do mes de outubro.

Charla formativa área sanitaria Pontevedra O Salnés
Charla formativa área sanitaria Pontevedra O Salnés | Fonte: Sergas.

Estes cribados preventivos efectúanse a mulleres de entre 35 e 65 anos que foron nalgún momento sexualmente activas, así como a mulleres maiores de 65 anos sen citoloxías realizadas no últimos cinco anos.

Así, as mulleres de entre 35 e 65 anos da área sanitaria recibirán unha invitación ao programa por correo postal e desde outubro vía SMS, ademais de contar coas propostas de captación que lles efectúen as matronas nos seus respectivos centros de saúde.

Sanidade destacou que este programa utiliza como proba de cribado a detección da infección polo virus do papiloma humano. Deste xeito, realízase mediante unha proba "moi sinxela e indolora" que, a diferenza da citoloxía, pode ser realizada tanto nun centro sanitario como pola propia muller no seu domicilio.

Se a proba é negativa e non se detecta infección, o risco de ter calquera anomalía nas células do colo do útero é mínimo. Pasados cinco anos, enviaráselles unha nova invitación para volver realizar a proba.

No caso de que a proba sexa positiva, será necesario verificar que non hai anomalías nestas células, polo que será preciso efectuar nunha citología nun centro de saúde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta