A man galega da produción do histórico show de 'Estirando el Chicle' en Madrid

A produtora de Sarria Etiqueta Negra colaborou xunto a Living Producciones no espectáculo conducido por Carolina Iglesias e Victoria Martín.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2022 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A produtora de Sarria Etiqueta Negra coproduciu o espectáculo de Estirando o Chicle en Madrid, o show de comedia máis grande da historia do Estado. A galega Carolina Iglesias e Victoria Martín reuniron, o pasado sábado, 24 de setembro, 12.000 persoas no recinto madrileño e 16.000 por 'streaming'. Así foi como pecharon unha xira baseada no seu podcast homónimo, gañador de dous premios Ondas e un dos máis escoitados de España. 

Carolina Iglesias e Victoria Martín, de Estirando el Chicle
Carolina Iglesias e Victoria Martín, de Estirando el Chicle | Fonte: @leolopezfoto

A xira estivo coproducida por Etiqueta Negra e Living Producciones, e levounas durante o último ano por todos os recunchos do Estado. Nesta despedida estiveron acompañadas por Lala Chus, Henar Álvarez e Patricia Espejo, colaboradoras habituais do espazo. O pre - show, cuxo contido se mantivo en segredo, correu a cargo da cantante Rigoberta Bandini.

ETIQUETA NEGRA

Etiqueta Negra Producións é unha empresa galega dedicada á produción, xestión e distribución de espectáculos e management. A empresa ten presenza estatal onde traballa con multitude de teatros, programadores culturais e artistas.

Este ano programará máis de 400 eventos de produción propia ao redor de todo o Estado con algúns dos artistas de comedia máis importantes. Entre eles destaca, ademais do evento de Esitrando el Chicle no Wizink Center, o Encontro Mundial de Humorismo da Coruña, que na súa última edición superou os 19.000 asistentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta