Morre un home de 64 anos ao saírse da vía co coche en Santiago

A vítima tivo que ser excarcerada do vehículo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2022 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

Un home de 64 anos morreu despois de que o coche que conducía, no que ía só, saíu da vía pola que circulaba en Santiago de Compostela.

En concreto, segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 21,15 horas na AC-250, na estrada entre o Aeroporto de Lavacolla e Sigüeiro, no municipio veciño de Oroso.

O 061-Urxencias Sanitarias enviou ao lugar unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, pero non puideron facer nada polo home (AJC), de 64 anos, tal e como indica o serivicio sanitario, que resultou falecido no mesmo lugar do accidente.

A vítima tivo que ser excarcerada do vehículo polos bombeiros de Santiago. Ademais, o 112 avisou do ocorrido á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

Un coche accidentado nunha pista tras un accidente de tráfico
Un coche accidentado nunha pista tras un accidente de tráfico | Fonte: Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta