Investigan a un veciño de Piñor por matar dous cans

Outro está sendo investigado por utilizar cepos e lazos para cazar animais salvaxes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2022 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense investiga a dous homes que residen nos municipios de Carballeda de Avia e Piñor acusados, respectivamente, dun delito contra a flora e a fauna e doutro de malos tratos animais.

O primeiro é veciño da parroquia de Abelenda, onde colocou varios cepos e lazos para cazar animais salvaxes de forma furtiva, segundo trasladou o Instituto Armado este venres.

Axentes do Seprona tomaron declaración a este home, ao que se investiga como posible autor dun delito contra a protección da flora e a fauna. Pola súa banda, o veciño de Piñor está a ser investigado como presunto autor dun delito de malos tratos animais ao matar por inanición a dous cans.

Unha cadela foi abandonada ata morrer desnutrida nun novo caso de maltrato animal
Unha cadela foi abandonada ata morrer desnutrida nun novo caso de maltrato animal | Fonte: Seprona

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta