Era carne procedente do matadoiro leonés de Toreno que tiña que alimentar a leóns e tigres e foi para consumo humano. A Garda Civil desmantelou unha operación con 65 persoas implicadas e ramificacións en, polo menos, sete países. O sumario documenta tamén casos de maltrato animal con xente sen experiencia que abría en canal os animais.