Xa hai sentenza para quen colocaba cebos para cans con alfinetes: un ano de cárcere por maltrato animal

O acusado aceptou a pena, que se suspende durante dous anos coa condición de que non volva delinquir.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2023 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O home acusado de colocar cebos para cans con alfinetes en Ourense recoñeceu este luns ser o autor dos feitos e aceptou a pena dun ano de cárcere. O caso xulgábase este luns no Xulgado do Penal 1 de Ourense e para o acusado, a Fiscalía pedía un ano de prisión por un delito de malos tratos animais.

O acusado aceptou a pena, que se suspende durante dous anos coa condición de que non volva delinquir. Ademais, queda inhabilitado durante tres anos para o exercicio de profesión, oficio ou comercio que teña relación con animais e para a tenencia de animais. Así mesmo, deberá pagar a indemnización que solicitaba o fiscal (ao redor de 6.000 euros), que xa consignara.

En 2021, a cooperación da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local de Ourense culminaba coa detención do home, catro anos despois de que se iniciasen as investigacións.

En concreto, axentes de Policía Nacional da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, en colaboración coa Comandancia da Garda Civil de Ourense, Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e a Xefatura de Policía Local desta cidade, levaron a cabo desde principios do ano 2017 diferentes xestións, así como dilixencias de investigación para o esclarecemento de varias aparicións de anacos cárnicos de alimentación de animais, concretamente comida para cans, con alfinetes cravados no seu interior, en diferentes puntos da cidade de Ourense --rúa Quintián, Ramón Piñeiro e Sanchez Arteaga, Parque da Chapa, Rio Mao--, tipificado como un delito de maltratato animal e danos.

Cebos en comida para cans con alfinetes usados por un detido en Ourense por malos tratos animais e danos / POLICÍA NACIONAL / Europa Press
Cebos en comida para cans con alfinetes usados por un detido en Ourense por malos tratos animais e danos / POLICÍA NACIONAL / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta