Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 10:53
A Sala Malatesta, en Santiago de Compostela, acollerá o próximo sábado, 22 de outubro, o concerto homenaxe polo 30 aniversario do grupo Ruxe Ruxe, referente do rock galego que naceu no ano 1996 en Aríns, coa presentación en vivo do dobre disco '25 Anos Ruxindo'.
Vituco Neira, Xaco Barona, Xulia Neira, Iago Jorge, David Barbas e 'Xan Pericán', os seis integrantes do grupo, actuarán acompañados doutros tres grupos: Zenzar, Desequilibro Mental e Urko. O concerto dará comezo ás 21.00 horas e as entradas poden mercarse de xeito anticipado no bar BarTolo Punk Rock, en Santiago, e por internet en entradium.com.
O pasado ano, unha trintena de bandas galegas, entre elas A Banda Da Loba, Samesugas, Espiño, Pauliña, Secho, Machina, Nuada, O Leo... renderon homenaxe á banda Ruxe Ruxe coa edición dun disco dobre con versións da banda de Aríns, que cumpría os seus 30 anos de actividade.
Agora, despois de varias suspensións debido á pandemia da covid, a festa de presentación ao vivo será na Sala Malatesta este vindeiro sábado ás 21.00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.