Galicia, entre as autonomías con máis persoas sen fogar: 165,7 por cada 100.000 habitantes

A perda de traballo, non poder pagar a vivenda ou ter que empezar de cero tras emigrar son as causas polas que as persoas quedan na rúa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Galicia é a sexta autonomía con máis persoas sen fogar, ao contar con 165,7 por cada 100.000 habitantes, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De media no conxunto estatal, por cada 100.000 habitantes hai 86,6 persoas sen fogar. As maiores taxas sitúanse na Cidade Autónoma de Ceuta (391,4), País Vasco (315,9), Comunidade Foral de Navarra (214,7) e Cantabria (182,6). Pola súa banda, Comunitat Valenciana (14,8), Cataluña (42,6), Castela-A Mancha (45,0) e Rexión de Murcia (48,4) rexistran as taxas máis baixas.

En centros de Galicia, segundo as razóns para abandonar o aloxamento que tiñan antes de verse sen fogar, a porcentaxe máis elevada correspóndese coa perda de traballo (23%). A continuación sitúanse motivos como "ter que empezar de cero tras emigrar a outro país" (20,4%), non poder pagar máis o aloxamento (17,2%), e o desafiuzamento da vivenda (9,3%).

Persoa sen fogar
Persoa sen fogar | Fonte: plataformavoluntariat.org

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta