A evolución da arte contemporánea, nunha exposición na Cidade da Cultura

A mostra 'De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell' reúne 41 pezas de 36 creadores.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/10/2022 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A exposición 'De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell' reúne 41 pezas de 36 creadores na Cidade da Cultura que exploran a evolución da arte contemporánea a través das obras de tres xeracións de artistas que reflexionan sobre os símbolos, significados e sentidos cos que se dotan e constrúen os lugares.

A exposición 'De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell'
A exposición 'De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell' | Fonte: Cidade da Cultura.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, destacou este venres na presentación da exposición "o valor da mostra para achegarse a verdadeiros referentes da creación galega das últimas décadas, pero tamén para dar a coñecer o talento dos galegos que forman parte desta prestixiosa selección".

Rodríguez sinalou "a importancia de acoller na Cidade da Cultura, ao alcance de todos os galegos, unha selección tan valiosa como a da Colección de Arte Banco Sabadell".

Manolo Paz, Antón Patiño, Ángela de la Cruz e Christian García Bello, que pertencen a correntes e xeracións diferentes, son os artistas galegos que expoñen a súa obra nesta colección. No espazo, que tamén conta con autores españois e portugueses, destaca "a conxunción da arte plástica con outras disciplinas como a literatura ou a poesía".

A exposición abriu as súas portas ao público este venres e poderá visitarse ata o 16 de abril de 2023, de martes a domingo, en horario de 10,00 horas a 20,00 horas. Ademais, as visitas comentadas pódense reservar a través da web da Cidade da Cultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta