A Xunta declara 'proxecto industrial estratéxica' a futura planta de metanol verde de Mugardos

É o terceiro proxecto que a Xunta cualifica como estratéxico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves declarar como novo 'proxecto industrial estratéxico' de Galicia a planta Triskelion, o proxecto de metanol verde que promove Forestal do Atlántico en Mugardos.

Así o informou ao termo da reunión o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen explicou que esta distinción permitirá ao proxecto reducir os prazos administrativos á metade, entre "outras vantaxes".

A iniciativa de Forestal do Atlántico suporá un investimento de 176 millóns de euros para crear "entre 40 e 50 empregos directos", segundo explicou Rueda.

A planta permitirá fabricar 40.000 toneladas anuais de metanol verde --a partir de hidróxeno producido por electrólise da auga e de dióxido de carbono capturado nas actuais instalacións da empresa-- e 61.100 de osíxeno para a súa comercialización.

Triskelion é o terceiro proxecto declarado 'estratéxico' pola Xunta, unha figura recollida na lei de simplificación administrativa, tras a planta de hidróxeno verde de Reganosa e EDP e a de pneumáticos de Sentury Tire, ambas as nas Pontes.

: A Terminal De GNL De Mugardos . REGANOSA - Arquivo
: A Terminal De GNL De Mugardos . REGANOSA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta