O alcalde pedáneo de Bembrive enfróntase a inhabilitación por adxudicar 'a dedo' a subministración de sidra das festas

Fiscalía pide 13 anos de inhabilitación por ordenar o pago de ata 250.000 euros fraccionados en varias facturas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2022 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará este mércores ao actual alcalde pedáneo de Bembrive (Vigo), Marcos Castro González, como acusado dun delito continuado de prevaricación, por contratar e pagar a subministración de sidra para a festa anual desta entidad local sen seguir os procedementos legais, e por ordenar o pago de 250.000 euros fraccionados en diferentes facturas.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos ocorreron entre 2019 e 2020, cando o alcalde pedáneo, "actuando coa intención de atentar contra os principios de transparencia, libre concorrencia e igualdade de oportunidades e a propósito da súa ilegalidade, en execución dun plan preconcibido", adxudicou de forma directa contratos de subministración de sidra a unha empresa, para a celebración da Festa da Sidra que, cada ano en outubro, ten lugar nesta parroquia da cidade olívica.

O total do gasto ascendeu a 250.000 euros (120.000 euros en 2019 e 130.000 euros en 2020), que o acusado fraccionó ata en 17 facturas, con importes que oscilaron entre 7.297 e 17.908 euros, aínda que a maioría delas superaban os 15.000 euros.

REPAROS DA INTERVENTORA

A interventora da entidad local presentou reparos a esas facturas "por tratarse dunha adxudicación verbal sen base en contrato administrativo que sustente dita contratación, non sometelo á súa fiscalización previa e por prescindir totalmente do procedemento previsto para a contratación de subministracións que excedan de 15.000 euros".

Con todo, o acusado levantaba sistematicamente o reparo suspensivo e ordenaba os pagos, "a propósito do carácter ilícito". Por estes feitos, o ministerio público acúsao dun delito continuado de prevaricación e pide que sexa inhabilitado durante 13 anos.

O xuízo contra o alcalde pedáneo, que tomou posesión do seu cargo en xullo de 2019, estaba sinalado inicialmente para inicios de xuño no Xulgado do Penal 3 da cidade de Vigo, pero quedou suspendido.

PREDECESOR CONDENADO

Precisamente, o seu predecesor na alcaldía pedánea, Roberto Ballesteros, tamén foi condenado en tres ocasiones por prevaricación e outros delitos. Así, foi condenado a 7 anos de inhabilitación por retirarlles as retribucións aos vogais do PP na Xunta Veciñal. Posteriormente, foi condenado por pagar unha obra que non se chegou a executar, polos delitos de falsidade documental, prevaricación e malversación; nese caso a sentenza foi de dous anos e dous meses de prisión, e 7 anos de inhabilitación (e tamén foi condenado un construtor como cooperador necesario).

En marzo deste ano, nunha terceira causa, Roberto Ballesteros aceptou 9 anos de inhabilitación por prevaricación administrativa, pola adxudicación de varias obras 'a dedo' por valor de case 800.000 euros, entre 2013 e 2016. Ballesteros foi alcalde pedáneo de Bembrive polo PSOE desde 2011 a 2018, cando dimitiu.

Escanciando sidra
Escanciando sidra | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta