Detida por roubar cable da iluminación pública no centro de Ferrol

Nos últimos dous meses houbo unha vintena de roubos e intentos de subtracción destes cables.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 07/11/2022 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol detivo na noite do sábado a unha muller (M.L.G.F.) como presunta autora do roubo de cable da iluminación pública, despois de que os axentes a sorprenderan portando dous rolos deste material.

A detención produciuse ás 23,00 da noite á altura do número 50 do Camiño do Sarxento, que une a estrada de Xoane coa rúa da Porta de Neira. A sospeitosa circulaba nunha bicicleta da marca Berg, que foi trasladada ao depósito municipal de vehículos á espera de que se puidese comprobar en comisaría se había algunha denuncia por subtracción.

O Concello de Ferrol destaca nun comunicado "a importancia da colaboración cidadá" para combater estes ilícitos que "provocan frecuentes problemas" na iluminación pública.

De feito, nos últimos dous meses detectáronse na cidade sobre unha vintena de roubos e intentos de subtracción destes cables. Por isto mesmo, en moitas das instalacións o cobre está a ser substituído por alumninio, dado o seu menor valor no mercado.

Rouban cable de cobre
Rouban cable de cobre | Fonte: EP- Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta