O atletismo, o "excelente" medio para ser solidarios

En Galicia, son moitas as probas organizadas específicamente con fins solidarios

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2022 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

É moita a actividade competitiva que cada ano se inclué no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. Segundo datos oficiais, esta ano foron máis de catrocentas as probas as que se desenvolveron ao longo da nosa Comunidade nas distintas modalidades de pista aire libre, pista cuberta, campo a través, trail e ruta.

Atletismo
Atletismo | Fonte: arquivo

Esta ampla oferta, que cada ano conta con máis probas de recente creación, estase convertendo nun excelente medio para dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre as distintas campañas solidarias, humanitarias ou sociais que buscan no noso deporte un medio útil para os seus propósitos.

En Galicia, teñen sido non poucas as probas organizadas específicamente con fins solidarios xunto ás cales tamén xurdiron un gran número de iniciativas que de maneira indirecta, aproveitaron á competición para as súas accións solidarias. Así as carpas informativas, exposicións, obradoiros, conferencias e mesmo concertos musicais, poidéronse ver en numerosos eventos deportivos.

A GUERRA DE UCRAÍNA E A IGUALDADE, PROTAGONISTAS DAS REIVINDICACIÓNS

Precisamente este ano a invasión de Ucraína por parte de Rusia, foi motivo para que distintos colectivos denunciasen a situación e procederán á recadación tanto de alimentos como de fondos destinados ao pobo ucraíno. Outro dos aspectos nos que máis se incide, son aqueles que gardan relación ca igualdade e a violencia de xénero, sen esquecer ás distintas campañas que centran na saúde o seu punto de atención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta