Atrasos das liñas de Renfe en Galicia provocan que algúns viaxeiros abandonen os trens

Afectan aos trens de media distancia debido a unha avaría no sistema de sinais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Unha avaría na infraestrutura ferroviaria provoca atrasos de polo menos 30 minutos nos trens que circulan entre A Coruña e Vigo na mañá deste mércores. Unha situación que provocou que algúns viaxeiros decidiran abandonar os trens para coller outro tipo de transporte.

Tal e como informan a Europa Press fontes de Renfe, trátase dunha avaría no sistema de sinais que afecta á estación de Cerceda-Meirama e que, segundo o ADIF, xa se solucionou.

Polo momento, hai catro trens de Media Distancia afectados ata a plena normalización da situación. A incidencia afecta o tramo entre A Coruña e Santiago, polo que os atrasos tamén alcanzan aos convois que circulan ata Vigo e Ourense.

Tren de REnfe
Tren de REnfe | Fonte: RENFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta