Cambio de luminarias en Verín para aforrar un 50% na factura eléctrica

O concello vén de rematar a segunda fase de renovación da iluminación pública por luces LED co consecuente aforro e eficiencia enerxética, así como a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Por Galicia Confidencial | Verín | 11/11/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

En total substituíronse 1.630 luminarias de iluminación pública correspondentes as luminarias de quince núcleos rurais de Verín:Tamaguelos Tamagos, Pazos, Queizás, Pazos, Mourazos, Mandín, Feces de Abaixo, Cabreiroá, A Rasela, Ábedes, Queirugás, Vilamaior, O Salgueiro e Caldeliñas.

Cambio de luminarias en Verín. Foto: Prensa do Concello.
Cambio de luminarias en Verín. Foto: Prensa do Concello.

Esta actuación, que supuxo un investimento total de 589.674,14 euros, esta cofinanciada nun 80 por cento (471,739,31 euros) polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa para a Renovación da Iluminación Público Municipal do  IDAE, e no restante 20 por cento (117.934,83 euros) por fondos municipais.

As novas luminarias LED instaladas supoñen un importante aforro enerxético xa que necesitan menos da metade de potencia eléctrica para producir a mesma iluminación conseguida coas antigas lámpadas, co que se reduce o consumo eléctrico a máis da metade do actual. Isto débese á alta eficiencia deste tipo de luminarias, próxima ao 90 por cento.

Con esta actuación, o Concello de Verín consegue reducir en máis do 50 por cento consumo de enerxía eléctrica así como a potencia necesaria nas instalacións municipais, e consecuentemente na factura eléctrica. Adicionalmente, logra tamén unha maior eficiencia e maior vida útil das novas luminarias instaladas axustando as horas de funcionamento as necesidades reais.

Por outra banda, coa redución do consumo de enerxía conséguese que as plantas xeradoras de enerxía diminúan a súa emisión de dióxido de carbono, axudando así́ a cumprir coas regulacións e directivas ambientais nacionais e internacionais, por exemplo o protocolo de Kyoto, e tamén se consegue unha importante redución da contaminación lumínica.

AMBICIOSO PLAN DE RENOVACIÓN

Esta acción dá remate á 2ª fase dun ambicioso proxecto de renovación de luminarias que puxo en marcha o Concello de Verín no ano 2021.

Nunha primeira quenda de renovación da iluminación pública por luces LED substituíronse 2.154 luminarias de iluminación pública correspondentes ao centro urbano de Verín e aos  núcleos rurais de  Tintores e Vilela. Esta actuación, que supuxo unha investimento total de 974.728,80 euros.

O total de luminarias substituídas, sumando ambas fases de actuación, suman un total de 3.784 lámpadas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta