Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 13:39
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira, confirmou este xoves que o Goberno central estuda ampliar as bonificacións ao carburante e outras medidas para familias e empresas. "Enseguida terase coñecemento do paquete prorrogado para o 2023", engadiu.
"Nestes momentos, o equipo económico do Goberno está a facer unha valoración do que foron moitas medidas de apoio ao conxunto das familias e ao tecido produtivo desde que aprobamos as medidas primeiras de redución do IVE eléctrico en xuño de 2021, e algunhas medidas que tomamos foron medidas xeneralizadas para o conxunto dos consumidores", explicou Ribeira.
En declaracións durante a súa visita a Lugo para participar no VIII Fórum de Cidades e Territorios Creativos de España-Copa de España Creativa, a vicepresidenta asegurou que o Executivo "sabe" que "é fundamental" unha "repartición do custo desta crise" e que as medidas de protección "estean o máis focalizadas posibles sobre as persoas que máis o necesitan".
"Hai algunhas medidas sobre as que temos poucas dúbidas da conveniencia da prórroga ao longo do ano 2023, e outras que merecen ser avaliadas. De feito, no ámbito da bonificación aos combustibles, observamos como viñemos reforzando o apoio ao transporte público, e expómonos ata que punto esta medida non teña efectos distorsionadores regresivos en canto ao acceso a orzamento público", sinalou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.