Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2022 | Actualizada ás 19:31
O alclade da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, remitiu un escrito ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na que reclama unha reunión urxente para abordar a situación do Centro de Saúde do municipio e, concretamente, a data de reposición do servizo de pediatría.
Para Iglesias trátase "dunha nova discriminación da Xunta aos nenos da Illa", aos que a Administración autonómica "obriga a desprazarse a Cambados para acceder á consulta dun especialista en enfermidades infantís".
Segundo explica, a situación "é insustentable" e a "precariedade" chega ata o punto de que o Centro de Saúde foi atendido durante unha semana por un só facultativo, "o que obrigou a cancelar todas as citas médicas non urxentes e as das especialidades".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.