Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 18:51
A empresaria fundadora de Aceites Abril, Carmen Canal, recibirá este mércores 30 de novembro o Premio Executivas de Galicia 2022 pola súa traxectoria nun acto ao que asistirán o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o do Parlamento galego, Miguel Santalices, entre outras autoridades.
Con este galardón, segundo informa a Asociación Executivas de Galicia, búscase "dar visibilidade á muller na empresa", neste caso nun sector como o agroalimentario, onde é aínda "máis dicífil" a presenza feminina.
"A súa figura, xunto coa do seu marido, Manuel Pérez, impulsaron un negocio coa finalidade de levalo polo camiño do éxito e que, na actualidade é xestionado polos fillos", destaca a organización do galardón.
O acto estará dirixido pola presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e celebrarase ás 18.30 horas no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
Carmen Canal sumarase así á crecente lista de galardoadas en anteriores edicións, entre elas a bióloga Marisol Soengas, a CEO Adriana Domínguez, a comunicadora Silvia Jato, a científica África González e a pianista Isabel Dobarro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.