A produción industrial cae un 5,4% en Galicia no mes de outubro

Por E.P. | VIGO | 09/12/2022 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) descendeu en Galicia un 5,4% en outubro en relación ao mesmo mes de 2021, segundo informou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Galicia foi, xunto a Estremadura e Asturias, unha das tres comunidades españolas que viron como caeu o IPI no mes de de outubro. Fíxoo moi por baixo da media nacional que se situou no 2,2%, taxa 1,4 puntos inferior á do mes anterior.

Nos dez primeiros meses do ano a produción industrial caeu un 2% en Galicia, mentres que no conxunto de España creceu un 3,3 por cento.

DATOS ESTATAIS

En concreto, en España o IPI subiu un 2,2% en outubro en relación ao mesmo mes de 2021, taxa 1,4 puntos inferior á do mes anterior.

Fábrica de cervexas
Fábrica de cervexas | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta