Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/12/2022 | Actualizada ás 18:11
O novo secretario xeral de Podemos Galicia, Borja San Ramón, expuxo como obxectivo desta nova etapa preparar "un proxecto político que sexa capaz de reilusionar e ter a credibilidade dos galegos e galegas". Fíxoo en declaracións aos medios despois de que o que xa foi membro da dirección liderada por Antón Gómez-Reino impuxésese nas primarias de Podemos Galicia a Gonzalo Busquei.
Borja San Ramón mostrouse moi satisfeito por recibir "o apoio maioritario e abafador". "Estamos ilusionadas con este novo ciclo político que se abre e, ademais, moi satisfeito de ter o 75% da dirección que encabezaba a miña candidatura", engadiu.
Agora, dixo que o obxectivo é "pór en valor este novo ciclo político para ter o maior número de candidaturas nas eleccións municipais e aumentar os concellos de esquerda neste país". "E poder preparar un proxecto político que sexa capaz de reilusionar e ter a credibilidade dos galegos e galegas para volver ao Parlamento de Galicia", apostilou.
Ademais de trasladar o seu proxecto á dirección nacional, avanzou que se reunirá "con medio centenar de candidatos e candidatas que se presentron ás primarias municipais para priorizar as súas candidaturas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.