Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 10:25
O custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) subiu un 3,1% no terceiro trimestre deste ano en Galicia en relación co mesmo período de 2021, ata situarse nos 2.497,28 euros, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press.
Desta maneira, son máis de 250 euros por baixo da media estatal, onde creceu un 4%, ata 2.754,75 euros. O custo laboral medio por hora efectiva foi de 20,16 euros, un 3,4% máis, mentres que no total de España subiu un 3%, ata 22,55 euros.
Pola súa banda, o custo salarial en Galicia (comprende salario base, complementos salariais, pagos por horas extraordinarias, pagos extraordinarios e pagos atrasados) foi de 1.835,07 euros entre xullo e setembro, un 4% máis, con 14,81 euros a hora efectiva.
Outros custos por traballador alcanzaron no terceiro trimestre os 662,21 euros, un 0,8% máis. Por hora efectiva quedaron nos 5,35 euros, un 1,1% máis. A xornada laboral galega ao mes foi de 154,5 horas pactadas, das cales 123,9 foron efectivas e 31,3 horas non traballadas. Na xornada a tempo completo a distribución foi de 169,3 horas, 134,5 e 35,4, respectivamente; e na xornada a tempo parcial, de 95,6 horas, 81,5 e 15, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.