Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 17:26
A Xunta activou o Plan de Risco por Inundación de Galicia de seguemento sobre o nivel dos ríos debido ás posibilidades de desbordamentos puntuais nos ríos Dubra e Tambre, na provincia da Coruña.
Segundo informou o 112 Galicia, de acordo coa información de Augas de Galicia, as estacións do Dubra-Tambre superaron xa os límites establecidos, polo que se espera o enchido das canles e o aumento do risco de inundacións.
Así mesmo, non se descarta que nas próximas horas se active o Plan Inungal en máis ríos da Comunidade debido ás precipitacións previstas.
Por este motivo, a administración autonómica recomendou a posta en marcha das medidas de auto protección necesarias e tamén a importancia de que a poboación aumente a precaución, sobre todo ao circular por vías ou pontes que se sitúan nas proximidades destes ríos, xa que unha subida repentina podería dificultar a situación e pór en risco ás persoas implicadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.