Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 13:44
O presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior de Burela, Basilio Otero, dixo, e relación aos prezos do peixe e marisco para esta Noitevella, que a media a principios de semana para a nécora e a centolla foi de 40 euros, mentres que os camaróns e os santiaguiños estiveron "por encima dos 100 euros".
Así mesmo, Otero fixo referencia ao ourizo e explicou que se trata de "un recurso que se incrementou moito en canto a prezo nos últimos anos e nótase máis nestas datas" con prezos de 25 euros o quilo cando "fai catro anos estaba a un euro e medio ou dous euros".
"Son semanas boas para concluír o ano. Oxalá tivésemos máis semanas así todo o ano. Un par de semanas así cada semestre viríanos moi ben", desexou.
IVE
otero botou de menos entre as últimas medidas anti crises do Goberno central que non se rebaixou o IVE do peixe. Así, insistiu na necesidade de que "se elimine ou se rebaixe", para, seguidamente, lembrar que levan "moitos anos pedindo unha rebaixa do 10 ao catro por cento, tendo en conta que se trata dun alimento imprescindible para ter saúde".
Neste sentido, puntualizou que "os médicos din que o peixe é san e saudable e recoméndase comelo de dous a tres veces á semana". "Esta era unha oportunidade que se perdeu para esa rebaixa do IVE", afeou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.