O cartóns 'Benvida' manteranse este 2023: uns 1.200 euros para as familias que teñan un novo bebé

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2023 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia concedeu 92.500 Cartóns 'Benvida' para axudar ás familias polo nacemento dun bebé. O Goberno galego impulsa desde o ano 2016 esta medida cuxo obxectivo principal é "atender os gastos que supón ampliar a familia como a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces ou produtos de hixiene ou farmacia".

Con carácter xeral, a contía da axuda que reciben as familias a través deste programa é de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do fillo. Esta duplícase no caso das familias numerosas e increméntase un 25 % no caso do que vivan en concellos de menos de 5.000 habitantes. Así mesmo, a axuda pode estenderse ata os catro anos de vida do neno naqueles fogares especialmente vulnerables.

A Xunta investirá 31,5 millóns de euros para que os nenos nados no ano 2023 teñan acceso ao cartón, unha axuda que alcanza un orzamento acumulado de 196 millóns de euros, incluída esta nova convocatoria.

Bebé recén nado
Bebé recén nado | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta