O xerente da EOXI de Pontevedra reúnese con traballadores de Ambulancias Rivera ante falta de pagamentos da empresa

O comité de empresa comprometeuse tamén a recuperar "con garantías" o transporte sanitario e o servizo aos pacientes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2023 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O xerente da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores, recibiu este mércores ao comité de empresa de Ambulancias Civera, despois de que algúns dos seus traballadores se concentrasen esta mañá no Hospital Montecelo para denunciar a falta de pagamento de parte das nóminas de decembro.

Segundo explicou a Consellería de Sanidade, o encontro cos traballadores foi "cordial". Sinalan que Flores se comprometeu a comunicar "tanto por escrito como verbalmente" á xerencia de Ambulancias Rivera, a empresa concesionaria do servizo, a obrigación de abonar as nóminas --"tal e como recolle o prego de condicións do contrato coa Administración Sanitaria Pública"--

Destacan ademais que o comité de empresa comprometeuse tamén a recuperar "con garantías" o transporte sanitario e o servizo aos pacientes.

Hospital de Montecelo, en Pontevedra
Hospital de Montecelo, en Pontevedra | Fonte: aldhos.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta