Os presidentes provinciais de toda España reuniranse o 6 de febreiro en Ourense

Será no marco da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/01/2023 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

Os presidentes das deputacións provinciais de toda España reuniranse o próximo 6 de febreiro en Ourense no marco da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou a importancia dunha comisión coa que Ourense "reforza o seu liderado no traballo en rede", unha forma de traballar que cualificou de "clave" para o seu goberno provincial "no ámbito español e europeo".

Ademais, asegurou que acoller a Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares converterá á provincia de Ourense "na capital do poder provincial español".

Segundo detallou a institución provincial ourensá, Baltar incidiu tamén no valor dun encontro que reivindica o papel das provincias como "eixos vertebradores do territorio" e o peso específico dos gobernos intermedios, "administracións esenciais e que, a través da colaboración económica, xurídica e técnica, impulsan aos concellos nunha alianza que permite avanzar no camiño da excelencia na prestación dos servizos públicos aos veciños".

"Na nosa aposta polo municipalismo e a capilarización territorial acoller esta reunión é un orgullo e un novo paso na consolidación de Ourense como unha peza crave e referencia dos gobernos intermedios en temas da máxima importancia para o progreso territorial", explicou Manuel Baltar.

6 DE FEBREIRO

O plenario da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares da FEMP celebrarase o 6 de febreiro a partir das 12.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Previamente, a xornada comezará ás 09.30 horas coa recepción dos asistentes e as reunións preparatorias dos grupos, que se celebrarán no Pazo Provincial antes da rolda de prensa para atender aos medios de comunicación.

O presidente desta Comisión é Francisco Reyes, presidente da Deputación de Xaén, e o seu vicepresidente é Javier Aureliano García, presidente da Deputación de Almería.

Presidentes provinciais reunidos en outubro de 2021
Presidentes provinciais reunidos en outubro de 2021 | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta